Tuesday 14 de May de 2024

Fin das visitas guiadas a Navantia Fene


Navantia e o Concello de Fene informan de que o vindeiro domingo 22 de maio péchase o programa de visitas guiadas ao asteleiro de Fene (zona Jackets Wikinger e Hywind). As dúas últimas visitas realizaranse no horario habitual: ás 10.30 horas (1ª quenda) e ás 12.30 horas (2ª quenda).

Dende que se puxo en marcha o programa de visitas guiadas a Navantia Fene a finais do pasado mes de marzo, centos de persoas atravesaron as portas do asteleiro de Fene para coñecer de primeira man cómo é o proceso de construcción das novas estructuras eólicas que se están a construír na factoría fenesa.

No decurso das visitas, os/as participantes recibiron ampla información sobre o proceso de construción das estruturas tipo Spar que se destinarán ao mar do Norte como soporte en augas profundas dos muíños de enerxía eólica. O parque Hywind, instalarase na costa de Escocia. Os artefactos de 3.700 toneladas de peso contan con 91 metros de alto e 14,50 metros de diámetro. Asemade, visitarán a zona na que se montan os jackets para o parque Wikinger. Neste caso os jackets colocaranse a setenta e cinco quilómetros da costa de Alemaña.